O dereito e os animais centran unha xornada na USC

A Facultade compostelá e a Fundación Franz Weber organizan para o próximo luns, 4 de febreiro, a xornada gratuíta ‘O Dereito e os animais’, que comezará ás 15.00 horas coa intervención de Anna Mulà, avogada especialista na materia e asesora xurídica da Fundación.
O encontro continuará coa fundadora do despacho ANIMALEX e asesora xurídica da Coordinadora de Profesionais pola Prevención de Abusos (CoPPA), María González, que falará da relación entre maltrato animal e violencia interpersoal.
A catedrática da USC María Paz García Rubio intervirá cun relatorio sobre os animais no Dereito Civil, mentres que a maxistrada xuíza titular do Xulgado de instrución 1 de Lugo, Pilar de Lara, falará da perspectiva penal no ámbito da protección dos animais.
Na terceira mesa da xornada participarán o conselleiro permanente do Estado Enrique Alonso cunha charla na que o cabalo en Galicia servirá para avaliar o statu quo da lexislación de benestar animal no seu conxunto, e Irene Torres, avogada e tamén asesora xurídica da Fundación Franz Weber, que analizará a Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.
A asistencia á xornada é libre previa inscrición a través do enderezo electrónico julia.ammerman [at] usc.es (julia[dot]ammerman[at]usc[dot]es).