Ir o contido principal

Dereito reflexionará arredor da cuestión ‘Cooperación ao desenvolvemento: un dereito, un deber’

‘Cooperación ao desenvolvemento: un dereito, un deber’ e o lema dunhas xornadas que se van celebrar a finais deste mes, os días 27 e 28, na Facultade de Dereito organizadas pola USC e o colectivo Municipalistas por la Solidariedad y el Fortalecimiento Institucional (Musol). Trátase dun programa no que partindo dunha reflexión sobre a razón de ser da cooperación ao desenvolvemento se aborda o enfoque do estado español neste eido e se prestará especial atención aos distintos modelos de cooperación e ás súas bases legais. Xunto á quenda de intervencións, as xornadas inclúen encontros e conversas cos protagonistas da cooperación, unha mesa redonda sobre as posición das institucións públicas ante a cooperación ou un taller que relaciona este concepto e a perspectiva de xénero. O programa desenvolverase en horario de mañá e tarde o día 27 e exclusivamente pola mañá o día 28. Estas xornadas, que coordina Mª Teresa Carballeira, teñen pendente de aprobación a posibilidade de validar a asistencia por un crédito de libre configuración para todas as titulacións da USC. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse a jcd.usc [at] gmail.com (jcd[dot]usc[at]gmail[dot]com).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.04.2011.