Ir o contido principal

Descontos para os membros da USC interesados en practicar vela lixeira este verán

O Club Náutico Deportivo Barraña de Escarabote (Boiro) ofrece á comunidade universitaria descontos do dez por cento nos 20 cursos básicos de vela que organiza do 4 de xullo ao 2 de setembro.

Os cursos preséntanse en varias modalidades: unha semanal de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 ou de 16.00 a 20.00 horas ou a mensual dos sábados de xullo ou agosto polas tardes.

As persoas interesadas poden recabar máis información nos teléfonos 981847305 e 609786453 ou no enderezo electrónico cndb [at] cndb.es (cndb[at]cndb[dot]es)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.06.2016.