Descontos para os membros da USC interesados en practicar vela lixeira este verán

O Servizo de Deportes da USC chegou a un acordo co Club Náutico Deportivo Barraña de Escarabote (Boiro) para ofrecer á comunidade universitaria descontos do dez por cento nos 20 cursos básicos de vela que organiza do 30 de xuño ao 31 de agosto. Os cursos preséntanse en varias modalidades: unha semanal de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 ou de 16.00 a 20.00 horas ou a mensual dos sábados de xullo ou agosto polas tardes. Todos eles desenvolveranse na Ensenada de Boiro (praia de Barraña- Porto de Escarabote). Para máis información: 981847305 e 609786453 e e-mail: cndb [at] cndb.es (cndb[at]cndb[dot]es)