Descontos para os membros da USC interesados en practicar vela lixeira este verán
O Servizo de Deportes da USC chegou o pasado curso a un acordo co Club Náutico Deportivo Barraña de Boiro para ofrecer á comunidade universitaria descontos nos cursos de vela que organiza en verán. As persoas interesadas poden apuntarase en dúas modalidades: unha semanal de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 ou de 16.00 a 20.00 horas ou a mensual dos sábados de xullo ou agosto polas tardes. Todos eles desenvolveranse na Ensenada de Boiro (praia de Barraña- Porto de Escarabote). Para poder acollerse aos beneficios do acordo é necesario pertencer á comunidade universitaria (categoría A) e estar dado de alta este curso como usuario de deportes da USC. Máis información en http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/santiago/actividades/actconcert/vela.html