Ir o contido principal

‘Descubre a maxia do Camiño’ na Igrexa da Universidade

A Igrexa da Universidade acolle ata o 6 de febreiro a exposición ‘Descubre a maxia do Camiño’, cunha selección das máis de 600 fotografías presentadas ao concurso sobre o Camiño de Santiago que organizou Correos este verán coa comunidade de peregrinos iPeregrinos.

A mostra inaugurarase oficialmente este luns 23 ás 20.00 horas nun acto no que participarán a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez; o director da Zona 1 de Correos, Ángel Pérez Pérez; e Iago Rodíguez, de iPeregrinos.

‘Descubre a maxia do Camiño’, que xa está aberta ao público, poderá visitarse de luns a sábado de 17:00 a 20.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.01.2017.