Destacada actuación da Escola de Atletismo da USC na Fase Zonal Clasificatoria de Campo a Través Escolar
A Escola de Atletismo da USC acadou unha destacada actuación na Fase Zonal Clasificatoria de Campos a Través Escolar celebrada no Parque Eugenio Granell de Santiago. Un total de quince atletas do club acadaron a clasificación para o Campionato Provincial que se celebrará o 19 de febreiro na Pobra do Caramiñal. Na competición clasificatoria Lucía Suárez obtivo a vitoria na categoría infantil feminina, á que hai que sumar a colectada por equipos na categoría alevín masculina. Igualmente destacan o segundo posto do equipo feminino na categoría infantil, e as medallas de bronce de Hugo Rey (benxamín), Nuria Millares (cadete) e Fernando Vales (cadete).