Ir o contido principal

Destacados investigadores europeos en física nuclear reúnense estes días na USC

O encontro que inaugurou o reitor en San Xerome continuará na Casa de Europa da USC (Foto: SERVIMAV-USC)
O encontro que inaugurou o reitor en San Xerome continuará na Casa de Europa da USC (Foto: SERVIMAV-USC)

O Comité de Física Nuclear (NPB) da Sociedade Europea de Física (EPS) reúnese estes días na Universidade de Santiago. Formado por 16 destacados investigadores europeos elixidos pola comunidade de físicos nucleares, este comité é responsable da organización de diferentes conferencias especializadas e da concesión de premios destacados tanto para científicos consagrados como noveis. A reunión, unha das dúas que ten lugar cada ano, inaugurouse este venres en San Xerome nunha sesión aberta na que participaron o reitor Juan Viaño; o presidente do NPB e profesor da Universidade de Glasgow, I.J. Douglas MacGregor; e o presidente da Real Sociedade Española de Física, Jose Adolfo Azcárraga. A continuación presentouse unha vision das actividades realizadas en España no campo da Física Nuclear. As sesións da tarde e do sábado desenvolveranse na Casa Europa (Finca Vista Al.egre) da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2015.