Dez dos trinta e dous bolseiros de posgrao pola Fundación Pedro Barrié da Maza son titulados da USC
Dez dos trinta e dous bolseiros de posgrao no estranxeiro pola Fundación Pedro Barrié de la Maza son titulados pola USC. Na resolución da convocatoria, que se fixo pública este venres, predominan estudantes formados nas universidades de Galicia.
O resto dos bolseiros son cinco da Universidade de A Coruña, tres de Vigo, tres da Pontificia Comillas, dous de Barcelona e un da Politécnica de Madrid, da Complutense de Madrid, da Cerdenal Herrera CEU, da Politécnica de Barcelona, da alemá Folkwang Hoschule Essen e da Católica de Chile. Tamén obtiveron axudas tres rapaces do Conservatorio Superior de Música de Vigo, Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e Conservatorio Superior de Oviedo.
O programa de becas para a ampliación de estudos de posgrao en Estados Unidos, países da Unión Europea e, por vez primeira, Asia, responde a un espírito de flexibilidade e adaptación ás demandas da sociedade. A iniciativa diríxese a galegos, fillos de galegos ou alumnos de institucións universitarias desta comunidade autónoma.
As bolsas non se limitan a unha dotación económica senón que engaden numerosos servizos complementarios. Por exemplo, a Fundación xestiona a súa admisión nas universidades estranxeiras solicitadas. Ademais, cobre gastos de matrícula, desprazamentos ida e volta en avión así como unha dotación para aloxamento, manutención e libros.