Ir o contido principal

Dezaseis promesas da música mostrarán o seu talento en seis concertos

Dezaseis promesas da música mostrarán o seu talento en seis concertos
Dezaseis promesas da música mostrarán o seu talento en seis concertos

16 instrumentistas participarán na terceira edición do ciclo Novos Talentos Musicais organizado pola USC e Compostela Sound que dará comezo o vindeiro 8 de marzo. A convocatoria está destinada a novos músicos de cámara galegos, residentes en Galicia ou estudantes de Centros galegos de Música.

O programa deste ano consta de seis recitais compartidos no mes de marzo que terán lugar ás 20.30 horas no Paraninfo da Universidade con entrada libre, excepto o primeiro, que será na Sala da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela.

No concerto do venres 8 actuarán o violinista Gonzalo Rodríguez Martínez, o acordeón Alejandro Castro Figueiras e a pianista Alina Madison Sadykova. O resto dos concertos, todos no Paraninfo, serán os días 11, 12, 18, 20 e 26, e neles participarán a tuba Rubén Calviño Maceiras; a trompa Roi Guzmán Gómez; o trombón José Ramiro Pérez González; o clarinetista Juan José López Pereira; o saxo Jaime Estévez Moreira; os violíns Sebastián Armas Switalski, Emiliano Sánchez Velazco e Carlota Luna Anguera Zemba; os violoncellos Artei Theotonio Caride e Gregorio Keilin Keilin; o violoncello barroco Saúl Nogareda Candal; a viola da gamba María Lourdes Olbés Corujo e a pianista Marina Fernández Rueda.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.03.2019.