Ir o contido principal

O próximo día 9 remata o prazo do III Concurso de postais de Nadal da Fundación USC Deportiva

O próximo día 9 remata o prazo do III Concurso de postais de Nadal da Fundación USC Deportiva
O próximo día 9 remata o prazo do III Concurso de postais de Nadal da Fundación USC Deportiva

Nenos e nenas nacidos entre 2003 e 2012 poderán participar na terceira edición do Concurso de postais de Nadal da Fundación USC Deportiva, cuxo premio será unha praza no programa Verán CampUSC 2016 e un vale para trocar por material deportivo. A próxima semana, o día 9 de decembro, rematará o prazo para a recepción de orixinais e a imaxe gañadora formará parte da tarxeta de nadal da Fundación para ano.

A temática das postais debe unir Nadal e o deporte, e o xurado valorará a calidade dos traballos tendo en conta a idade dos/as nenos/as, a imaxinación, a orixinalidade e a súa relación coa temática proposta. Cada participante poderá presentar un só traballo que estará realizado en cartolina DIN A 4 por unha soa cara utilizando calquera técnica de debuxo ou pintura. Non se poderán pegar ou engadir elementos externos (a modo de collage) nin enmarcar ou suxeitar con ningún tipo de soporte.

Os traballos presentaranse nun sobre pechado en cuxo exterior debe indicarse a referencia ‘ III Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportivo’. Xa no interior, acompañando a postal incluirase un sobre pequeno pechado coa folla de inscrición. Na parte posterior da postal indicarase a idade do/a autor/a, pero nunca o seu nome. As postais deberán entregarse na sede da Fundación USC Deportiva, ben de xeito presencial ou por correo (Edificio Feuga, despacho 3, rúa Lopez Gómez de Marzoa s/n 15705 Santiago). O ditame do xurado farase público o 15 de decembro na web da Fundación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.12.2015.