Ir o contido principal

Día do Grupo Compostela de Universidades

Día do Grupo Compostela de Universidades
Día do Grupo Compostela de Universidades

Este sábado 21 celébrase o Día do Grupo Compostela, efeméride que esta rede universitaria aproveita para dar a coñecer o seu labor e actividades a prol das comunidades universitarias. O Grupo Compostela de Universidades (CGU) é unha das redes universitarias constituída arredor do Camiño de Santiago máis prestixiosas do mundo. O seu principal propósito é promover a cooperación e o diálogo en todos os campos do coñecemento. Actualmente conta con 60 universidades de 24 países de Europa e América.

O Grupo organiza actividades dirixidas aos distintos colectivos que forman a comunidade universitaria. Para o persoal académico ofrece a posibilidade de participar en calidade de expertos en proxectos internacionais (principalmente financiados pola Comisión Europea ou a iniciativa das propias universidades integrantes da rede). Ademais impulsa unha concurso de monólogos científicos ou un concurso internacional de vídeo, o programa de mobilidade intercontinental Stella para complementar a formación e desenvolvemento profesional do persoal administrativo e técnico e programas de prácticas internacionais a través de Stella Junior para o estudantando.

Adicionalmente, CGU traballa polo recoñecemento e a promoción internacional da rede e dos seus membros e, con este propósito, organiza o prestixioso Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia. Este galardón que destaca o traballo dunha persoa ou institución en favor da difusión internacional de proxectos ou ideas relacionadas co patrimonio cultural, os valores europeos e a educación.

Xunto con estas iniciativas, o Grupo proporciona acceso a unha base de contactos de universidades ampla e diversa e fomenta enlaces con outras redes, organizacións e institucións oficiais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.01.2017.