Ir o contido principal

A Dirección Xeral I+D+i convida aos investigadores da USC a participar nun cabaré científico

Con motivo da Semana da Ciencia, a Dirección Xeral de I+D+i organiza un cabaré científico co que se pretende amosar á cidadanía as investigacións que se realizan dende as universidades galegas. O espectáculo tratará, con sentido do humor, temas relacionados co Planeta Terra como o desenvolvemento sostible, o urbanismo, o aproveitamento dos recursos, a utilización das enerxías renovables, a relación entre vida e terra ou a protección da fauna, entre outras moitas cuestións.
Os científicos interesados en participar na actividade aínda poden anotarse para despois, unha vez inscritos, realizar un obradoiro que, a partir do 21 de outubro, facilitará a posta en marcha da iniciativa a cargo da Compañía Chévere en Santiago de Compostela.
Semana da CienciaA Semana da Ciencia é un evento de carácter europeo que se celebra anualmente para achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade. Do 10 ao 23 de novembro faranse todo tipo de actividades sobre o Planeta Terra, eixe temático da presente edición. Búscase mostrar á cidadanía dun xeito ameno e accesible como os resultados das investigacións están presentes nas vidas cotiás.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.10.2008.