Ir o contido principal

O director da Área TIC participa en Valencia nas I Xornadas Universidade e Formación en Liña

O encontro leva por lema 'A universidade a un golpe de click'

O director da Área TIC da USC, Javier Franco, participará este xoves en Valencia nas I Xornadas Universidade e formación en liña que se desenvolven baixo o lema ‘A universidade a un golpe de click’. Neste encontro se presentan experiencias de formación no ámbito universitario, analizando a situación daquelas institucións que ofrecen a súa formación en liña de forma íntegra e a daquelas outras nacionais que converxen cara a ela como alternativa de valor para o estudante.
Javier Franco moderará unha mesa redonda na que se debaterá o posicionamento da universidade na era das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións coa participación de representantes das universidades Politécnica de Valencia, Pablo Olavidede Sevilla, Carlos III de Madrid e Autónoma de Barcelona.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.05.2008.