Ir o contido principal

O director da Casa de Velázquez disertará no CEA sobre a investigación en humanidades en Francia

Cartel da terceira edición do Foro CEA
Cartel da terceira edición do Foro CEA

‘A investigación en humanidades en Francia’ é o título da conferencia que o director da Casa de Velázquez, Michel Bertrand, impartirá este venres 30 dentro do Foro Centro de Estudos Avanzados (CEA) ‘Memoria, identidade, mundo: o desafío das humanidades’. A xornada comezará ás 12.30 horas na Sala de Debates do CEA aberta a toda a comunidade universitaria ata completar o aforo.

Michel Bertrans é catedrático de Historia na Université de Toulouse-Le Mirail e actualmente dirixe a École des hautes études hispaniques et ibériques (Casa Velázquez de Madrid). É especialista en historia moderna de América e do mundo hispánico, concretamente no estudo das redes sociais e os modos de sociabilidade das elites coloniais americanas, así como nos discursos nacionais no ámbito hispano e americano.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.10.2015.