O director do Centro de Química Biomolecular da Habana fala na USC sobre novas vacinas baseadas en hidratos de carbono
O director do Centro de Química Biomolecular da Habana, Vicente Vérez Bencomo, pronuncia este martes 17 na USC a conferencia ‘Afrontando os retos das infeccións e o cancro: desenvolvemento de novas vacinas baseadas en hidratos de carbono’.
A conferencia terá lugar ás 12.00 horas na Aula de Seminarios do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares do Campus Vida (CIQUS).