Ir o contido principal

O director corporativo de recursos humanos de NH Hoteles intervén no Máster en Dirección e Planificación do Turismo da USC

O director corporativo de RRHH, Responsabilidade Corporativa e Relacións Institucionais en NH Hoteles, Juan Mª de Mora Narváez, impartirá este mércores 18 unha conferencia aos alumnos do Máster en Dirección e Planificación do Turismo da USC. A charla será ás 16:00 horas no salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Este posgrao está a experimentar unha alta inserción laboral de xeito que a maior parte dos alumnos das edicións anteriores desenvolve xa as súas actividades profesionais en empresas e institucións do sector turístico e algúns deles na mesma organización na que fixeron as prácticas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.11.2009.