O director do Instituto de Astrofísica de Canarias visita o luns a USC
O profesor e director do Instituto de Astrofísica de Canarias, Francisco Sánchez Martínez, visita este luns 20 a Universidade de Santiago convidado a participar na conmemoración do Ano Internacional da Astronomía.
O recoñecido experto pronunciará o luns, ás 13:00 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas, unha conferencia aberta a todo o público na que falará do gran telescopio de Canarias e o futuro da astronomía.
Tese de doutoramentoEse mesmo día, ás 19:00 horas no salón de Graos do mesmo centro, terá lugar a defensa da tese de doutoramento ‘Aproximación histórica al desarrollo de la astronomía en España’ elaborada por Iván Fernández Pérez e dirixida polo profesor e director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Angel Docobo Durántez.