O director do Instituto da Empresa Familiar expón en Santiago posibles medidas para saír da crise económica
O director xeral do Instituto da Empresa Familiar (IEF), Fernando Casado, ofrece este venres 6 un relatorio co título ‘Situación económica actual e perspectivas de futuro’, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus de Santiago. O acto terá lugar ás 12 horas, na aula 14 da Facultade.
Na súa intervención, Casado falará da grave situación económica actual e ante a cal o IEF elaborou un plan de choque para facerlle fronte por importe de 21.140 millóns de euros en dous anos (2009-2010).
De ser adoptado, o plan aforraría ás empresas preto de 8.270 millóns de euros anuais, co consecuente impacto nos seus niveis de liquidez e de freo á destrución de emprego. O resto, 2.300 millóns ata os 10.570 anuais, englobarían o custo de achegar maior liquidez ao sistema.A conferencia está organizada pola Cátedra de Empresa Familiar da USC e enmárcase dentro das actividades da materia ‘Dirección de Empresas Familiares’ que se imparte anualmente na Universidade.Ao acto, que moderará o director da Cátedra de Empresa Familiar, José Díez de Castro, tamén asistirá a decana da Facultade, Maite Cancelo, e o alumnado que está a cursar a materia docente de Empresa Familiar nas tres universidades galegas.