Ir o contido principal

O director do Instituto Valenciano de Investigacións Económicas e o presidente do CSIC impartirán diversas conferencias na Cátedra Fundación Caixa Galicia

O director do Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (IVIE), o catedrático Francisco Pérez, e o presidente do CSIC, Carlos Martínez Alonso, impartirán a vindeira semana diversas conferencias dentro do calendario de actividades da Cátedra Fundación Caixa Galicia.
Francisco Pérez abrirá a quenda de intervencións na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC con tres conferencias incluídas na área de Economía e Finanzas da Cátedra. A primeira delas será o luns 3 e nela debaterase sobre ‘A economía española ante dous retos: produtividade e competitividade’. O mércores 5 de marzo a conferencia levará por título ‘Como medir a globalización económica? Teoría e evidencia empírica’. A quenda de intervencións rematará o xoves 6 cunha reflexión ao redor do tema ‘Capital social: unha aproximación económica’. As tres sesións darán comezo ás 12:30 horas no Salón de Graos da facultade compostelá.
O presidente do CSIC en CompostelaPola súa banda. ‘Ciencia e sociedade: unha perspectiva dende o CSIC’ será o tema que aborde o presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas Carlos Martínez Alonso nunha sesión que se vai celebrar o martes, día 4 de marzo, a partir das 20:00 horas na sede da Fundación Caixa Galicia (r/ do Vilar, 19).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.02.2008.