Ir o contido principal

O director xeral de Caixanova intervén este venres no curso de competencias para economistas

O director xeral de Caixanova, José L. Pego Alonso, participa este venres 23 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC no curso de competencias para economistas que organiza o colexio profesional da Coruña.
Prevista para as 12:00 horas no Salón de Graos do centro, na intervención Pego Alonso intercambiará as súas experiencias profesionais cos alumnos da Facultade nun intento por definir o papel dos economistas dentro do sector bancario.
Este curso de competencias tenta achegar aos futuros economistas un coñecemento práctico do que será o seu posterior exercicio profesional, tanto no ámbito público como privado. Ata o momento, xa interviñeron neste curso representantes da Xunta de Galicia así como de diversas entidades bancarias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2008.