Ir o contido principal

O director xeral de I+D da Comisión Europea imparte o derradeiro módulo temático do VIII curso de posgrao en 'Economía e Xestión da Innovación'

O director xeral de I+D da Comisión Europea, José Silva Rodríguez, será o relator que clausurará este venres 17 a programación académica do curso de posgrao en ‘Economía e Xestión da Innovación’, dirixido polo profesor Xavier Vence e organizado polo grupo de investigación ICEDE.
Silva Rodríguez impartirá unha lección sobre ‘A política de investigación fóra de Europa: Estados Unidos, Xapón, India e China’ nunha sesión que comezará ás 16:30 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Na mesma xornada, a partir das 19:00 horas, celebrarase a clausura da oitava edición deste curso nun acto no que está prevista a asistencia do director xeral de I+D da Xunta de Galicia, Salustiano Mato de la Iglesia, e no que se presentarán os principais aspectos da próxima edición do curso, a inaugurar o día 4 de decembro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.10.2008.