Ir o contido principal

O director xeral de I+D da Comisión Europea intervén no posgrao en Economía e Xestión da Innovación

O director xeral de I+D da Comisión Europea, José Manuel Silva, participará como relator no curso de posgrao en Economía e Xestión da Innovación, organizado polo grupo ICEDE da Universidade de Santiago.
A participación de José Manuel Silva terá lugar este venres 23 ás 18:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Económicas da USC e leva por título ‘O Espazo Europeo de Investigación e Coordinación das Políticas de Innovación”. A entrada será libre ata completar o aforo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2008.