Ir o contido principal

Doa presenta en Lugo o seu último álbum A Fronda dos Cervos

Doa presenta en Lugo o seu último álbum A Fronda dos Cervos
Doa presenta en Lugo o seu último álbum A Fronda dos Cervos
O retorno dunha banda mítica

Trinta anos despois do lanzamento do seu primeiro disco ‘O son da estrela escura’ e logo dunha carreira chea de éxitos, o lendario grupo Doa presenta este martes en Lugo un novo traballo, A Fronda dos Cervos, no que explora o simbolismo dos bosques milenarios. O concerto, de entrada libre ás 20.30 horas na Escola Universitaria de Maxisterio, forma parte das actividades da Semana de Benvida que organiza cada ano Lugo Cultural para recibir ao estudantado universitario que chega á cidade. Precursor do rexurdimento da música primitiva e do folk progresivo en España, Doa pode ser considerado como referente dos grupos de Galicia anteriores á década dos 80. O seu estilo musical nos primeiros tempos estaba baseado en integrar tendencias diversas coa música tradicional e medieval de Galicia, traballando nos arranxos dun xeito persoal e heterodoxo. Estas características deron ao grupo unhas formas musicais propias que se foron conformando en anos sucesivos e que se manteñen na actualidade. Compoñen Doa Susana de Lorenzo, voz e harmonium; Bernardo Martínez, percusión, clarinete e frautas; Xoan Piñón, guitarra eléctrica e acústica; e Óscar Fernández, zanfona.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2011.