Ir o contido principal

Dobre choiva de ideas o 29 de abril na Unidade de Atención Temperá

Dobre choiva de ideas o 29 de abril na Unidade de Atención Temperá
Dobre choiva de ideas o 29 de abril na Unidade de Atención Temperá
O trastorno oposicionista desafiante e o rexistro de delincuentes sexuais, cuestións a tratar

A Unidade de Atención Temperá da USC desenvolverá o vindeiro 29 de abril unha nova edición da súa Choiva de Ideas, que nesta ocasión contempla unha sesión dobre. Por unha banda, ás 18:30 horas o psiquiatra do Hospital Infantil Universitario del Niño Jesús de Madrid José Luis Pedreira analizará na charla 'Trastorno oposicionista desafiante' os rasgos de personalidade narcisista ou disocial.

Xa a partir das 20:00 horas terá lugar a segunda sesión organizada en colaboración con COGAMI-COCEMFE baixo o título 'Menores e discapacidade: o rexistro de delincuentes sexuais'. Tras a entrada en vigor o pasado 1 de marzo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais faise preciso coñecer a nova lexislación, a importancia de que os traballadores estean en posesión do Certificado de Delitos Sexuais, os diversos modos de obtelo ou as dificultades na xestión.

Ademais, COGAMI-COCEMFE presentará nesta charla o seu proxecto de apoio educativo ‘IncluyE+D’ dirixido a alumnado con necesidades especiais por motivos de discapacidade, mediante o que se dotará ás escolas e institutos de material tecnolóxico adaptado.

As Choivas de Ideas desenvólvense de maneira gratuíta nas instalacións da Unidade no Campus Sur, aínda que se recomenda inscribirse previamente a través do enderezo mjosecarmen.buceta [at] usc.es (mjosecarmen[dot]buceta[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.04.2016.