Ir o contido principal

A docencia e o Espazo Europeo de Educación Superior centran a última xornada do XI Congreso de Enxeñaría de Proxectos da EPS

A calidade da docencia e a formación no Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) centrarán a última xornada do XI Congreso Internacional de Enxeñaría de Proxectos que se está a desenvolver na Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo.
O traballo na sala de plenarios comezará este venres 28 ás 9:30 horas cun relatorio sobre a certificación na dirección de proxectos e continuará abordando o tema da formación de proxectos perante o EEES. Ás 12:45 horas acollerá a conferencia de clausura que correrá a cargo do coordinador de Avaliación de Profesorado da Axencia Nacional da Avaliación da Calidade e Acreditación do Ministerio de Educación e Ciencia, Félix Pérez Martínez, baixo o título ‘A avaliación do profesorado universitario nas áreas de enxeñaría’.
Este último día de traballo as salas 1 e 2 de comunicacións orais acollerán os traballos sobre docencia e metodoloxías de formación de proxectos de 9:30 a 10:30 horas e sobre dirección e xestión de proxectos de 10:30 a 11:30 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.09.2007.