Ir o contido principal

Docentes de Latín e Grego da USC reúnen nun volume os resultados máis recentes da investigación arredor da literatura e a relixión na Filoloxía Clásica

Docentes de Latín e Grego da USC reúnen nun volume os resultados máis recentes da investigación arredor da literatura e a relixión na Filoloxía Clásica
Docentes de Latín e Grego da USC reúnen nun volume os resultados máis recentes da investigación arredor da literatura e a relixión na Filoloxía Clásica

Os profesores do Departamento de Latín e Grego José Virgilio García Trabazo e Ángel Ruíz Pérez editan a obra Poetic language and religion in Greece and Rome un volume que acaba de publicar Cambridge Scholars para reunir vinte e cinco achegas de entre as presentadas nun congreso da especialidade en 2012. A obra dá impulso e continuidade a un campo de investigación que mestura os estudos indoeuropeos e os estudos clásico ao tempo que prové á comunidade académica cos resultados máis recentes da investigación da relación entre literatura e relixión, un dos temas centrais de estudo da Filoloxía clásica. A primeira parte do libro céntrase na tradición indoeuropea a través dun seguimento dos seus rastros, principalmente nas linguas clásicas. Os editores do traballo explican que a tradición poética indoeuropea pódese recoñecer a través da reconstrución lingüística (fórmulas onomásticas) e tamén por algunhas mencións dispersas en textos literarios. Na segunda parte, a atención fíxase na linguaxe poética en Grecia e Roma. Así, a rica e complexa tradición das literaturas clásicas estúdase nas análises dos aspectos herdados ou innovadores do desenvolvemento relixioso e literario no mundo clásico. O ritual ou a poesía cultual, a onomástica, a fraseoloxía, os himnos e cánticos, os oráculos como linguaxe divino e a maxia, son algúns dos aspectos que reciben un tratamento profundo e completo por parte dun conxunto de estudosos internacionais de recoñecemento prestixio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.12.2013.