Ir o contido principal

Docentes de Matemáticas participan maioritariamente nunhas xornadas sobre metodoloxías docentes no Grao

Cun gran éxito de participación rematou este martes na Facultade de Matemáticas a primeira parte das Xornadas sobre metodoloxías docentes no Grao de Matemáticas. Nas catro sesións desta parte expuxéronse experiencias desenvolvidas por profesorado de 1º e 2º do Grao de Matemáticas e de areas adscritas á Facultade que imparten titulacións de grao noutros centros. Na última sesión desenvolveuse unha mesa redonda na que se achegaron numerosas ideas para mellorar os resultados nos procesos de aprendizaxe e avaliación do alumnado desta titulación de grao. O 23 de xuño comezará a segunda parte destas xornadas, consistente nun curso de iniciación á plataforma Blackboard Learn 9.0 para o Campus Virtual. O curso Os contidos do curso, enmarcado no Plan de Formación e Innovación Docente da USC, abranguen a posta en común de distintas metodoloxías docentes e estratexias de ensino-aprendizaxe sobre a motivación e participación do estudantado na aula, a análise da aprendizaxe e as formas de avaliación, entre outras cuestións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.06.2010.