Ir o contido principal

Docentes da USC recoñecidos nun congreso internacional sobre endocrinoloxía pediátrica

Os profesores Fernando Domínguez, Manuel Pombo e David Araujo Villar atópanse entre os autores dun traballo seleccionado como unha das mellores achegas científicas entre as máis de 1.000 comunicacións presentadas no congreso organizado conxuntamente pola sociedades americana e europea de endocrinoloxía pediátrica, en colaboración coas sociedades australiana, asiática del Pacífico, a xaponesa e a latinoamericana. Completa o abano de autores españois do traballo as doutoras Silvia Parajes, Lourdes Loidi e Lidia Castro-Feijóo.
Os investigadores achegan datos de releve en relación cun trastorno das suprarrenais debido a un defecto enzimático de 11 beta hidroxilasa, xa que se caracterizaron por vez primeira dende o punto de vista funcional e estrutural sete novas mutacións causantes desta patoloxía. No proxecto de investigación están implicados a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, a Unidade de Endocrinoloxía Pediátrica e a Unidade de Xenética Clínica do Hospital de Birmingham, xunto coa colaboración do Servizo de Endrocrinoloxía do CHUS e doutros centros do Reino Unido e Alemaña.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.09.2009.