Ir o contido principal

Dous alumnos de Odontoloxía premiados no congreso nacional da Sociedade Española de Periodoncia e Osteointegración

Víctor Quintas González e Isabel Prada López, estudantes de doutoramento da Facultade de Odontoloxía da USC, acaban de ser premiados polo seu póster ‘Análisis in situ de la sustantividad de los aceites esenciales sobre el biofilm de placa dental: aceites esenciales vs clorhexidina’ no congreso nacional da Sociedade Española de Periodoncia e Osteointegración (SEPA) celebrado a pasada fin de semana en Granada. Na categoría de póster de investigación, Victor Quintas e Isabel Prada presentaron a súa proposta en representación do grupo de investigación da profesor Inmaculada Tomás.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.05.2013.