Ir o contido principal

Dous días de solidariedade na USC

A campaña será este xoves 28 e venres 29
A campaña será este xoves 28 e venres 29
Este xoves e o venres recolleranse alimentos en distintos puntos dos campus de Lugo e Santiago

A Universidade de Santiago colaborará este xoves 28 e o venres 29 coa Federación Galega de Bancos de Alimentos (Fegaban) nunha campaña extraordinaria de recollida. Os puntos quedarán instalados nas Residencias Universitarias Burgo das Nacións e Monte da Condesa, no Colexio Maior Fonseca e na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega. En Lugo será na Residencia Bal y Gay. As persoas responsables da campaña, que abarca o ámbito estatal, lembran que os alimentos máis necesarios son o leite de continuación e os cereais infantís, aínda que tamén se precisa leite, cacao, azucre, conservas, aceite e galletas. Voluntariado universitario Ademais destes puntos de recollida a Universidade compostelá facilitará a Fegaban estudantado universitario que de maneira voluntaria colabore na campaña ‘Gran Recollida de Alimentos’ que se vai levar a cabo esas mesmas datas nos supermercados DIA, Mercadona, LIDL, El Árbol, Opencor e El Corte Inglés. Alí entregarán a cada cliente, gratuitamente e sen compromiso, unha bolsa por se desexan colaborar á saída con algún alimento. As persoas interesadas poden solicitar máis información no Servizo de Participación e Integración Universitaria. En Santiago na Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua en Rúa das Casas Reais, 8 (Teléfonos: 881 812 858 || 881 812 859 || 881 812 864 e correo electrónico sepiu.santiago [at] usc.es (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]es)) e en Lugo na Biblioteca Intercentros (982 823 594 ou sepiu.lugo [at] usc.es (sepiu[dot]lugo[at]usc[dot]es)).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.11.2013.