Ir o contido principal

Dous graduados en Medicina da USC, galardoados nos VI Premios MIR

Dous graduados en Medicina da USC, galardoados nos VI Premios MIR
Dous graduados en Medicina da USC, galardoados nos VI Premios MIR
Os galardóns recoñecen os graduados que obtiveron as 25 primeiras prazas tras o exame MIR 2018

Miguel Villamarín Melio e Lucía Rodríguez Rodríguez, graduados en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, foron galardoados nos VI Premios MIR organizados pola Fundación Uniteco Profesional e nos que colabora a Fundación CTO. Estes premios recoñecen os 25 postulantes que mellor resultado obtiveron en 2018 nas probas de acceso a Médico Interno Residente (MIR) e nos que Miguel quedou segundo MIR e mellor exame e Lucía acadou o cuarto posto. Ao acto, celebrado en Madrid, acudiu tamén o decano da Facultade compostelá, Julián Álvarez Escudero.

Nesta convocatoria presentáronse máis de 14.000 graduados en Medicina para algo máis de 6.000 prazas ofertadas en hospitais e centros de saúde públicos de toda España. E entre os 25 primeiros hai graduados en Medicina de 17 universidades diferentes de todo o territorio estatal, destacando a Complutense con 5 alumnos dentro do ránking. Séguenlle as Universidades de Santiago, Murcia, Navarra e Autónoma de Madrid, con dous estudantes cada unha.

Os Premios á Excelencia MIR están organizados pola Fundación Uniteco Profesional da axencia de seguros homónima especializada na xestión de riscos para médicos e cuxa función principal é acompañar os profesionais sanitarios na súa carreira profesional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.04.2018.