Ir o contido principal

Dous obradoiros en Santiago e Lugo mostran como preparar cosméticos naturais

Dando continuidade ao plan formativo do Proxecto de Hortos Urbanos da USC, a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC organiza un obradoiro de cosmética natural paraaprender a preparar, dun xeito artesanal, produtos que teñan en conta o seu impacto sobre a saúde e o medio ambiente. A edición en Santiago celebrarase no Colexio Maior Fonseca, e en Lugo na Residencia Universitaria Bal e Gay, ás 17.00 horas, os días 25 e 26 de marzo, respectivamente. A inscrición será de balde (achega voluntaria de 2€ para material), e para facela efectiva haberá que enviar un correo a entransicion [at] usc.es (entransicion[at]usc[dot]es), indicando nome completo, colectivo ao que se pertence (estudante, PDI ou PAS), centro de estudos ou traballo, enderezo electrónico, teléfono móbil de contacto, indicando a edición na que se quere participar (Santiago ou Lugo). As prazas serán limitadas e cubriranse por orde de inscrición, dando prioridade aos membros da comunidade universitaria (a data límite de inscrición en Santiago será o próximo 24 de marzo ás 12.00 e en Lugo o día 25 de marzo ás 12.00h).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.03.2014.