Ir o contido principal

Dúas alumnas de Xornalismo da USC especializaranse nas delegacións de EFE de Filipinas e Brasil

As licenciadas en Xornalismo pola USC Paula regueira e Jacinta Riveira especializaranse, a partir do vindeiro xaneiro, na cobertura de información internacional nas delegacións da Axencia EFE en Manila (Filipinas) e Río de Janeiro (Brasil).
Regueira e Riveira foron seleccionadas a finais do pasado ano e durante 2007 realizaron un período de formación na delegación xeral de EFE en Galicia, en Santiago de Compostela.
As dúas tituladas desenvolverán as súas prácticas durante un ano no marco do Programa Internacional de Bolsas de Especialización en Xornalismo subscrito entre a Fundación EFE e a entidade financeira catalá La Caixa e ao que se sumou a USC a finais de 2006.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.12.2007.