Ir o contido principal

O dúo Elo ofrece este martes o concerto ‘Música e Poesía’ na Casa do Saber no marco do programa ‘Sons Creativos’

Serxio Moreira e Rosalía Fernández
Serxio Moreira e Rosalía Fernández
A actuación comezará ás 20.30 horas e estará precedida dunha sesión de escoitas de composicións electroacústicas de Stefano Scarani e Julia Chiner

O dúo Elo, un cruce de camiños, unha intersección entre os textos interpretados de Rosalía Fernández Rial e o sabio teclado de Serxio Moreira, ofrecerá este martes, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo o concerto ‘Música e Poesía, no marco da sétima edición do programa de música electroacústica e arte sonora ‘Sons Creativos’, un ciclo promovido por Inmaculada Cárdenas Servián e que conta con financiamento ao abeiro do convenio Lugo Cultural.

A actuación de Elo, que como todas a programación promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural é de entrada libre e gratuíta ata completar o aforo, estará precedida dunha sesión de escoita de obras electroacúsitcas no mesmo escenario, onde o público asistente poderá gozar de composicións de Stefano Scarani e Julia Chiner. Edson Zampronha O músico e compositor brasileiro afincado en León Edson Zamprona ofrecerá este mércores 13 de maio, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, un concerto de electroacústica e piano, durante o que interpretará diversas composicións, nas que mestura experiencias acusmáticas con improvisacións electroacústicas. O concerto de Edson Zamprona constitúe a penúltima das actividades organizadas no marco do sétima edición do programa ‘ Sons Creativos’, un ciclo monográfico centrado na arte sonora e na electroacústica que rematará o xoves 14 cun concerto de improvisación libre, a partir das 20.30 horas, no quiosco da Praza Maior de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.05.2015.