Ir o contido principal

Económicas acolle o Día do Junior Empresario

A xornada formativa, que ten lugar este mércores 16, pretende dar a coñecer o funcionamento e actividades dunha junior empresa

Estudantes universitarios participan este mércores 16 no Día Junior Empresario, que ten por obxecto dar a coñecer as actividades e funcionamento dunha empresa junior. A xornada formativa, que se desenvolverá entre as 10:00 e as 14:00 horas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, pretende tamén fomentar as habilidades empresariais dos universitarios e impulsar os seus coñecementos prácticos. Baixo o lema ‘Non te quedes parado, Faite Junior Empresario!’ a Junior Empresa da Facultade de Económicas (Jemsa) coa colaboración do Injuve e a Cátedra Bancaja da USC –entre outros- vai a desenvolver un programa que inclúe unha mesa redonda e a exposición de experiencias emprendedoras por parte dos responsables de tres empresas. No acto de inauguración, que comezará ás 10 horas, participan a decana da Facultade de Económicas, Emilia Vázquez, a directora da cátedra Bancaja da USC, Loreto Fernández, e Vanesa Alfonsín, presidenta de Jemsa, entre outros. Toda a información desta xornada e do colectivo está dispoñible na web www.jemsa.org.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.02.2011.