Ir o contido principal

Nova edición do concurso fotográfico A ciencia en imaxe

Tensión e impacto, fotografía gañadora na XI edición
Tensión e impacto, fotografía gañadora na XI edición
O prazo para participar esténdese ata o 10 de novembro
Lugo, Santiago de Compostela

Un ano máis, con motivo da celebración da festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Ciencias, as de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da USC e a Real Academia Galega de Ciencias organizan o concurso fotográfico ‘A ciencia en imaxe’, que xa vai pola décimo segunda edición.

O concurso, con temática aberta a calquera contido relacionado coas Ciencias, está dotado dun primeiro premio de 200 euros e dun segundo de 100, galardóns que se entregarán o día 14 de novembro na Aula Magna da Facultade de Bioloxía da USC durante o acto de celebración do patrón das Ciencias, San Alberte Magno.

O prazo para participar esténdese ata o vindeiro 10 de novembro. A persoa concursante deberá enviar o formulario de inscrición e o arquivo coa fotografía a facultade.bioloxia.decanato [at] usc.gal (facultade[dot]bioloxia[dot]decanato[at]usc[dot]gal) co asunto ‘A Ciencia en Imaxe’.

Cartel da XII edición do concurso
Cartel da XII edición do concurso
Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2025.