Ir o contido principal

Nova edición do curso de verán sobre educación da voz

Nova edición do curso de verán sobre educación da voz
Nova edición do curso de verán sobre educación da voz

Entre os días 20 e 31 de xullo desenvolverase na Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño da USC (Campus Vida) a segunda edición do curso de verán ‘ Educación da voz’, con marcado carácter práctico con sesións de técnicas vogais e traballo corporal. Entender a relación corpo-voz, adquirir un tipo respiratorio axeitado, mellorar as calidades vocais, acadar un bo nivel de proxección e impostación da voz e conseguir unha articulación clara para unha correcta intelixibilidade son algunhas das cuestións a tratar neste curso, no que participan destacados especialistas na materia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.06.2015.