Ir o contido principal

Nova edición do Programa de extensión cultural de astronomía

Nova edición do Programa de extensión cultural de astronomía
Nova edición do Programa de extensión cultural de astronomía
A inscrición, de balde, comezou este mércores para a comunidade non universitaria

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC pon en marcha a XVII edición do seu Programa de extensión cultural de astronomía (PECAS), dirixido tanto á comunidade universitaria como á cidadanía en xeral. O publico non universitario pode inscribirse de maneira gratuíta dende este mércores 23 ata o 29 na Área de Cultura da USC (Colexio de San Xerome), mentres que o alumnado da USC disporá dunha xornada única de matrícula o día 29 por internet ou de maneira presencial no Observatorio. As persoas que sigan con aproveitamento o PECAS poderán velo recoñecido con 1 crédito de libre configuración ou ECTS. Entre outras accións, o programa contempla unha visita ao Observatorio universitario e diversas sesións de observación nocturna e diúrna onde se establecen os principios básicos da observación astronómica, tanto a simple vista como con prismáticos ou telescopio. Complétase con charlas teóricas sobre asuntos astronómicos xerais, proxeccións de vídeos e sesións sobre o uso do planisferio, de telescopios e de reloxos de Sol. O PECAS, unha actividade de extensión cultural xa consolidada na USC, conta co patrocinio da Asociación de Comerciantes do casco histórico de Santiago Compostela Monumental.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.10.2013.