Ir o contido principal

Nova edición do programa gratuíto de préstamo de bicicletas

Nova edición do programa gratuíto de préstamo de bicicletas
Nova edición do programa gratuíto de préstamo de bicicletas

A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC convoca unha nova edición do programa gratuíto de préstamo de bicicletas –preto de 250– dirixido a toda a comunidade universitaria dos campus de Lugo e Santiago. O prazo para presentar solicitudes comeza o martes 13 ás 9.00 horas e permanecerá activo ata as 14.00 horas do día 20.

O préstamo comprende todo o curso académico, dende a súa entrega a principios de novembro ata xuño. Quen desexe participar terá que cumprimentar un formulario que atopará no apartado ‘Como podo participar?’ da web do Programa. As persoas beneficiarias serán seleccionadas por estrita orde de presentación. Na mesma páxina web farase pública a lista de seleccionadas e de agarda, xunto co día de recollida das bicicletas.

Con esta acción, inserida no segundo eixo do Plan de Desenvolvemento Sostible dedicado á planificación, xestión e avaliación ambiental, a ODS pretende reducir a pegada da USC na súa contorna e no medio ambiente e concienciar á comunidade universitaria da necesidade de apostar por un modelo de mobilidade sostible. Para apoiar esta acción a universidade compostelá conta con aparcadoiros en diferentes puntos.

A iniciativa compleméntase cos mapas peonís de Santiago e Lugo, dispoñibles na web da ODS, e co programa Comparte Coche na USC mediante o cal os membros da comunidade universitaria poden ofertar ou solicitar o uso compartido do vehículo particular a través dunha plataforma virtual.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.10.2015.