Ir o contido principal

Nova edición do ‘Quedamos na casa!’, toda a oferta cultural da USC nun único espazo

Dar visibilidade a todos os departamentos culturais da Universidade de Santiago e pór en valor o seu patrimonio menos coñecido. Con este cometido, a Casa de Europa converterase o 27 de setembro nun escaparate vivo de toda a oferta artística da institución.

Teatro, danza, música, exposicións, fotografía, astronomía e patrimonio histórico; todo nunha xornada gratuíta que encherá de cultura, desde as 17.00 ata as 22.00 horas, os espazos do singular edificio do Parque de Vista Alegre.

Dende visitas guiadas ao patrimonio histórico, obradoiros de fotografía ou danza latina ata observacións astronómicas, pasando por microteatro, performances de danza e concertos da Orquestra da USC e da Fonoteca.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.09.2018.