Ir o contido principal

Nova edición dos Xogos Deportivos Universitarios Galaico-Durienses

Nova edición dos Xogos Deportivos Universitarios Galaico-Durienses
Nova edición dos Xogos Deportivos Universitarios Galaico-Durienses

Fútbol, rugby e xadrez serán as modalidades deportivas da vixésimo novena edición dos Xogos Deportivos Universitarios Galaico-Durienses que se desenvolverá a vindeira semana nas instalacións do Campus de Ourense.

Dende 1993 este certame celébrase en diferentes localidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal coa participación das Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Minho, Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) e Porto. Nestes case 30 anos os xogos mobilizaron máis de 8.000 estudantes e deron lugar á ‘Declaración de Vila Nova de Cerveira/Tomiño. Deporte Universitario na Eurorrexión. Orientacións e principais desafíos en torno da Estratexia Europa 2020’ asinada polas seis universidades participantes.

Tras o éxito de organización e convocatoria da pasada edición dos xogos, celebrada na UTAD, este ano é a Universidade de Vigo, e en concreto o seu campus de Ourense, quen acolle esta competición os próximos días 24 e 25 de novembro e que nesta ocasión contempla as modalidades por equipos de fútbol 7 feminino e rugby 7 masculino e a individual de xadrez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.11.2015.