Edson Zampronha actúa o venres no Círculo das Artes dentro da programación de Lugo Cultural
O compositor Edson Zampronha será o protagonista este venres, día 18, do novo concerto do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ incluído dentro da programación do Convenio Lugo Cultural. Este ciclo de concertos foi creado para traer a Lugo artistas que utilizan instrumentos que non son moi habituais.
O concerto terá lugar ás 20:30 horas no Salón Rexio do Círculo das Artes aproveitando a presenza en Lugo deste artista para impartir o curso monográfico ‘Músicas para a escola’, dentro da programación anual do Espazo de Creación Musical da Vicerreitoría de Cultura.
Edson Zampronha ofrecerá en Lugo unha mostra dos seus traballos de electroacústica, distinguidos con numerosos premios e protagonistas en eventos de carácter mundial.
As dúas actuacións deste mesmo ciclo suspendidas pola morte do bispo emérito de Lugo, José Gómez, se celebrarán finalmente no mes de febreiro. A artista de clave Cheng-I Chen Liu actuará o día 27 na Fundación Caixa Galicia e mentres que o día 13 farano o Trío da Ponte, tamén no mesmo lugar.
Os concertos de clásica están feitos coa colaboración de Clásicos en Ruta e o de Zamprhona pola mediación do Grupo de Creación musical da Vicerreitoría de Cultura, dirixido por Inmaculada Cárdenas.