Ir o contido principal

A educación musical, un dereito fundamental

Na inauguración, de esquerda a dereita, a presidenta da SEM-EE, Anna M. Vernia; a decana de CC. da Educación, Carmen Fernández Morante; e a coordinadora das xornadas, Silvana Longueira
Na inauguración, de esquerda a dereita, a presidenta da SEM-EE, Anna M. Vernia; a decana de CC. da Educación, Carmen Fernández Morante; e a coordinadora das xornadas, Silvana Longueira

A Sociedade de Educación Musical do Estado Español (SEM-EE) e o grupo de investigación Terceira Xeración da USC (TeXe) organizaron este pasado fin de semana en Santiago unas xornadas sobre educación musical, formación, ensinanza e aprendizaxe en contextos de cambio organizadas.

O encontro reuniu en Ciencias da Educación e no Museo Pedagóxico de Galicia máis de cincuenta profesionais da educación, mestras e mestres de educación primaria, de música de educación secundaria e de ensinanzas de réxime especial, conservatorios de música e escolas de música e xestores culturais.

A SEM-EE é unha das asociacións a nivel nacional que aglutinan máis socios no ámbito da educación musical e este é o seu primeiro evento en Galicia. Ten unha permanente actividade baseada en xornadas, congresos, divulgación e reivindicación da presenza e visibilización da música na educación.

O obxectivo destas xornadas foi xerar un espazo de intercambio e de aprendizaxe dos profesionais en exercicio e en formación do ámbito da educación, onde poder compartir experiencias innovadoras que se están desenvolvendo nas aulas, e debater sobre a situación actual da educación musical na nosa contorna e as achegas desta a un desenvolvemento integral do alumnado e da sociedade. Así, o encontro deu voz a experiencias educativas singulares como o proxecto LÓVA (La Ópera, un Vehículo de Aprendizaje) financiado, entre outros, polo Teatro Real de Madrid; a ROCE (Rede de Organización de Concertos Educativos); ou o Obradoiro Músicasbarxas do IES As Barxas de Moaña (Pontevedra) e o traballo por proxectos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.03.2016.