Os efectos económicos do coronavirus, a debate na USC
O catedrático de Economía da Universidade de Sevilla Juan Torres imparte este mércores 22 ás 17.00 horas unha conferencia en liña organizada polo Máster Dein
Santiago de Compostela
O Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación (Máster Dein) organiza este mércores 22, a partir das 17.00 horas, a conferencia en liña 'A crise do coronavirus: contexto, efectos económicos e posibles respostas'. O relatorio correrá a cargo do catedrático de Economía da Universidade de Sevilla Juan Torres e poderá seguirse a través de Teams.
Juan Torres pertence ao Departamento de Análise Económico e Economía Política e acaba de publicar a segunda edición do seu libro Coronavirus y economía. O evento pode seguirse premendo nesta ligazón.