Ir o contido principal

Elección de representantes no consello de goberno de directores/as de departamento, da escola de doutoramento e doutras estruturas de investigación

A votación realizarase o 28 de novembro. FOTO: Santi Alvite
A votación realizarase o 28 de novembro. FOTO: Santi Alvite
Bota a andar este proceso electoral cuxo prazo para presentar reclamacións contra o censo esténdese ata o 15 de novembro
Lugo, Santiago de Compostela

Ata o martes, 15 de novembro, poden presentarse reclamacións contra o censo na elección de representantes no consello de goberno dos directores/as de departamento e dos directores/as de instituto universitario de investigación, de escola de doutoramento e doutras estruturas universitarias de investigación. A publicación definitiva terá lugar o día 16.

Dende o 16 ao 21 de novembro, poderán presentarse candidaturas; mentres que a proclamación provisional de candidatos/as e o sorteo dos membros das mesas desenvolverase o día 22.  Ata o 14, poden formalizarse recursos contra a proclamación provisional de candidatos/as, xa que a proclamación definitiva terá lugar o 25 deste mes. A votación realizarase o  28 de novembro, de 09.00 a 14.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.11.2022.