Elena Vázquez Candanedo, mellor estudante de hostalería de Europa

A estudante Elena Vázquez Candanedo, do último curso de Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras recoñecido como título propio da USC, foi a gañadora da sexta edición do Hyatt Student Prize, que elixe o/a mellor estudante de hostalería de Europa. O Centro Superior de Hostelería de Galicia, vinculado á USC, é a única escola española que participa neste certame, no que xa competiu en seis ocasións e quedou finalista en tres delas. Vázquez Candanedo realizou prácticas no Hostal dos Reis Católicos, no Sheraton de Canarias, no Sofitel Luxury Hotels and Resorts e no Rocco Forte Hotels, ambos os dous en Bruxelas. Xunto co CSHG competía polos galardóns alumnado do Institut Paul Bocuse, do ESSEC, de L’Ecole de Savignac, de The Hong Kong Polytecnich University, de Le Roches International School of Hotel Management e L’Ecole Hôlelière de Lausanne, ambas suízas, así como da alemá International University of Applied Sciences Bad Honnef. Elena Vázquez permanecerá unha semana de prácticas na central da cadea en Chicago, o segundo na base de operacións rexional para Europa, África e Oriente Medio (Zurich) e o terceiro en París cos directores xerais da cadea na capital francesa. O xurado estivo encabezado por Carlo D’Asaro Biondo, presidente de operacións para o Sur e Este de Europa, Oriente Medio e África de Google. Ademais, formaron parte del o responsable de ventas e marketing da divisón de Hyatt, Gerard Petit; o director xerente de Montblanc, Michel Adé; o presidente de Warner Bros Enterteinment Francia, Iris Knobloch; o responsable da División de Produtos Lácteos de Danone, Thomas Kunz; a representante de Aufeminin.com, Marie-Laure Sauty de Chalón; o director de marketing de Hyatt, John Wallis; e o xornalista Nikos Aliaga.