Ir o contido principal

A embaixada de Estados Unidos doa á USC a colección ‘Library of America’

Laura M. Gould e Juan Casares con parte da colección doada este xoves en Filoloxía
Laura M. Gould e Juan Casares con parte da colección doada este xoves en Filoloxía
Convértese na segunda universidade española que a recibe e inclúe a máis significativa e destacada produción literaria norteamericana dende os seus comezos ata a actualidade

A embaixada de Estados Unidos en España doou á Universidade de Santiago a colección ‘Library of America’, na que se inclúe as obras que conforman a máis significativa e destacada produción literaria norteamericana dende os seus comezos ata a actualidade. Trátase dunha colección prestixiosa que está valorada en 5.000 euros. A doazón realizouse este xoves 15 no transcurso dun acto no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, onde a agregada cultura da embaixada, Laura M. Gould, fixo entrega da colección ao reitor da USC, Juan Casares, que estivo acompañado por diversas autoridades académicas do centro e do goberno universitario. ‘Library of America’ é un conxunto de obras sobre as máis diversas temáticas e xéneros, dende a filosofía, periodismo, cine, deportes, historia ou biografías ata a gastronomía ou a literatura de viaxes que expresa as particularidades das manifestacións culturais en Estados Unidos. Esta é a segunda ocasión na que a embaixada doa a colección a unha universidades española, en opinión do catedrático Constante González Groba, como mostra da forza do estudos americanistas, sobre cultura e literatura dos Estados Unidos, na USC.

En total, a colección intégrana as obras de 119 autores cos seus respectivos volumes así como diversas antoloxías dos máis variados temas e tipoloxía. Henry Adams, Raymond Chandler, John Dos Passos, William Faulkner, Willa Cather, Scott Fitzgerald, , Benjamin Franklin, Zora Neale Hurston, Washintong Irving, Henry James, Emma Lazarus, Vladimir Nabokov, Allan Poe, John Steinbeck, Walt Whitman, ou Mark Twain, entre moitos outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.09.2011.