Ir o contido principal

O embaixador da República Checa imparte unha conferencia en Xeografía e Historia sobre a revolución de Veludo

O embaixador da República Checa en España, Martín Kosatka, pronunciará o vindeiro luns 14 na Facultade de Xeografía e Historia a conferencia ‘A República Checa – Dúas décadas dende a Revolución do Veludo (1989-2009)’. A sesión, que comezará ás 19:00 horas na Aula 9 do centro compostelán, irá acompañada dun documental sobre este movemento pacífico que devolveu a democracia á República Checa.
A intervención está promovida polo Departamento de Historia Contemporánea e de América, a Facultade de Xeografía e Historia e o Centro de Linguas Modernas da USC, coa colaboración da embaixada checa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2008.