Ir o contido principal

A embaixadora de Costa Rica en España visitou a USC

A embaixadora de Costa Rica en España visitou a USC
A embaixadora de Costa Rica en España visitou a USC

A vicerreitora de Internacionalización da USC, Almudena Hospido, recibiu este martes no seu despacho á embaixadora de Costa Rica en España, Doris Osterlof Obregón. A vicerreitora estivo acompañada pola súa adxunta, María Luz Loureiro García.

Na xuntanza tratáronse os distintos convenios asinados entre a universidade compostelá e distintas institucións costarricenses e exploraron maneiras de incrementar o fluxo de estudantes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.03.2016.